Paleoarte é calquera traballo artístico orixinal, ben a través de traballos de escultura ou de ilustración científica que tentan describir a vida prehistórica segundo evidencia científica.[1] Poden ser representacións de restos de fósiles ou imaxes das criaturas vivintes e dos seus ecosistemas. A paleoarte a miúdo serve de base para a representación da fauna prehistórica na cultura popular, o cal á súa vez inflúe na percepción pública e alimenta o interese nestes animais.[2]
O termo "paleoarte"–da palabra grega para "vello" (palaios>paleo), e de "arte"– foi popularizado a finais dos 1980s por Mark Hallett, (ilustrador de dinosauros que foi asesor en Parque Xurásico) para a arte que describe os asuntos relacionados coa paleontoloxía, porén considérase que se teña orixinado como tradición visual nos primeiros 1800s na Inglaterra.[3][4][5] Outros traballos máis antigos de "proto-paleoarte", poderían datar de tan vello como o século V a. C., aínda que a relación con materiais fósiles coñecidos é especulativa.[6] Outras ilustracións da Idade Media retratando criaturas míticas é máis posíbel que fosen inspiradas por fósiles de grandes mamíferos prehistóricos e réptiles coñecidos nese tempo.[7]
A paleoarte xurdiu como xénero con fundamento científico inequívoco arredor do comezo do século XIX, encanando coa aparición da paleontoloxía como disciplina académica diferenciada. Estes temperáns paleoartistas restauraban material fósil, musculatura, aparencia de vida, e o hábitat de animais prehistóricos baseándose no saber científico limitado daquela altura. As pinturas e esculturas desde mediados do XIX eran fundamentais en levar a paleontoloxía ao interese do público en xeral, como as esculturas do Dinosauro de Palacio de Cristal mostrado en Londres. O paleoartista Charles R. Knight foi o primeiro en describir dinosauros como animais activos, dominou a paisaxe paleoartística a principios do século XX.[2]
A era moderna da paleoarte foi traída primeiro polo "Renacemento dos Dinosauros", unha pequena revolución científica nos primeiros 1970s, en que os dinosauros viñeron a ser entendidos como criaturas moi activas que poden ser de sangue quente e talvez relacionados cos paxaros. Este cambio de panorama levou a unha énfase máis forte na precisión e puxo o foco en describir as criaturas prehistóricas como animais reais que semellan animais vivos na súa aparencia, comportamento e diversidade. Esta nova paleoarte é caracterizada polo foco na exactitude e biodiversidade, no estilo e descrición ilustrativa, así como polo aumento da arte dixital e un maior acceso a recursos científicos e a unha extensa comunidade científica e artística xerada en Internet. Hoxe, a paleoarte é un xénero artístico-científico globalmente recoñecido, e ten sido tema de premios e concursos internacionais, exposicións en galerías e museos, e unha gran variedade de libros e merchandising.